Thursday 16 de May de 2024

Aberta a preinscrición para o Summer Camp 2017


As actividades estivais de conciliación programadas polo Concello de Ordes para os nenos e nenas de 3 a 12 anos desenvolveranse dende o 26 de xuño ao 8 de setembro
O Departamento de Educación do Concello de Ordes manterá aberto ata o 23 de xuño o prazo de preinscrición para participar no Summer Camp, as actividades de conciliación de verán. A dita preinscrición deberá realizarse no e será necesaria para poder asistir a algunha das quendas quincenais previstas, que irán dende o 26 de xuño ata o 8 de setembro. O programa deste ano inclúe novidades como as brigadas júnior, equipo de reporteiros, actividades de emprendemento e liderado etc. Todos isto mediante xogos e manualidades, con formación de valores e saídas diarias para gozar do aire libre.

O Summer Camp 2017 está especialmente dirixido aos nenos e nenas entre os 3 e os 12 anos. O horario previsto vai dende as 9 ata as 14 horas, habendo a posibilidade de amplialo e contratar outros servizos. Ademais, en función do número de persoas inscritas, tratarase de habilitar un servizo de transporte durante xullo e agosto para os residentes nas parroquias do municipio. Este ano os prezos a aboar serán de 20 € (26-30 xuño), 40 € (3-14 xullo e 1-14 agosto), 44 € (17-31 xullo e 17-31 de agosto), 24 € (1-8 setembro) en función da quenda escollida, tendo un desconto de ata o 50% para as familias numerosas.
Unha vez máis o Concello pon en marcha esta iniciativa en colaboración coa escola ConTalento.